Dado que as mascotas acompañan os seus donos cada vez máis nas viaxes, ser un destino dog friendlyé unha tendencia en constante crecemento. Por este motivo, é importante ter en conta unha serie de detalles que axudarán a que tanto as mascotas coma os seus propietarios gocen dunhas boas vacacións.

A clave é escoller un destino que estea preparado para o turismo con cans, xa que son os lugares onde menos problemas haberá co aloxamento, as visitas e os momentos de lecer. Segundo Rumbo.es, que acaba de editar unha guía con consellos prácticos para viaxar con animais, en España, Barcelona figura como un dos destinos máis dog friendlypola súa ampla oferta de actividades en espazos abertos e centros culturais, seguido da Costa Brava, mentres que na UE, Alemaña e Holanda son os favoritos porque case todos os establecementos están preparados para recibir animais.

Hai que ter en conta que os cans necesitan levar consigo o pasaporte para animais domésticos e que é competencia de cada país expedilo co aval dos veterinarios para garantir que ten as vacinas ao día e o microchip identificativo.

Tamén é importante planificar as actividades que se poden facer cos cans para gozar xuntos ao máximo da viaxe, como praias, parques e mesmo museos que os admiten, malia que convén informarse previamente.

Aínda que hoxe en día os cans poden viaxar en calquera medio de transporte sen maiores dificultades, é esencial garantir que sexa unha viaxe cómoda para eles. Se a viaxe é en avión ou en barco estarán sós nun espazo á parte encerrados no seu transportador, polo que é recomendable poñerlles unha manta que ula ao seu amo para que non se sintan tan sós. E, sobre todo, é importante manterse ao día das novidades en canto á normativa de traslado de cans e seguir as recomendacións que se poden atopar nas guías para gozar das vacacións con animais sen maiores contratempos.

Fotos: Iria Martínez

Texto: Anai Cao

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *