Non se pode falar de Entroido galego sen facer referencia ao de Verín, representado polas figuras do Cigarrón, un disfrace que pesa ao redor de 25 quilos, coa careta de madeira pintada en cores rechamantes, camisa branca, gravata vermella, chaquetilla curta con galóns e un cinto de coiro do que prenden seis grandes ‘chocas’. As festas comezan co Xoves de Compadres (21 de febreiro), primeira noite de mascarada colectiva, e continúa co Domingo Corredoiro (día 24) e a súa primeira concentración matinal de cigarrones e batalla de fariña ( fariñada); o Xoves de  Comadres (día 28), con procesión de velas e sabas brancas, e o pregón; o Venres de Compadreo e Comadreo (día 1 de marzo), con procesión de capuchones e mascaritas; o Sábado de Entroido (día 2), coa investidura de tres novos cigarrones e degustación de produtos típicos; o Domingo de Entroido (3 de marzo), día grande destas festa con Gran Desfile de Carrozas, Comparsas, Máscaras e Cigarróns, o Luns Fareleiro (día 4), coa tradicional ‘fariñada’, e o Martes de Entroido (día 5), que pon fin ás festas cun Desfile de Carrozas, Comparsas, Máscaras e Cigarróns.

Como broche de oro, el Mércores de Cinza es festivo local para descansar y se celebra el ‘Enterro da Sardiña’,
mientras que el 10 de marzo y como epílogo de las fiestas se celebra el Domingo de Piñata, que cierra la semana grande con una gran comida popular y la entrega de los premios Cigarrón de honra, Pescadilla y Fidelidade.
Como broche de ouro, o Mércores de Cinza é festivo local para descansar e celébrase o ‘ Enterro dá Sardiña’, mentres que o 10 de marzo e como epílogo das festas celébrase o Domingo de Piñata, que pecha a semana grande cunha gran comida popular e a entrega dos premios Cigarrón de honra, Carioca e Fidelidade.

Programa completo en:

http://www.verin.es/index.php?option=com_content&view=article&id=4738:2019-02-04-13-08-31&catid=1:latest-news&Itemid=61

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *