“Unha aposta polo turismo na Mariña Lucense e polo destino Foz, que abordamos con ilusión, traballo e o noso selo de calidade Oca”. Así definía Ramón Braña, director xeral da cadea galega, o lanzamento do seu novo Oca Playa de Foz Hotel & Spa na localidade lucense o pasado mes de abril.

O hotel número vinte e sete da liña hostaleira e o sexto na provincia, é o único hotel con categoría catro estrelas en Foz. Cunha situación inmellorable, a poucos metros da praia dá Rapadoira, un dos puntos máis visitados da zona, o establecemento que dirixe Ana Lago dispón de 39 habitacións con terraza. Conta, ademais, cun circuíto acuático composto por unha ducha peeling, unha piscina activa con camas de auga, asentos de hidromasaxe, pescozos de cisne, fervenzas, hidromasaxe de parede e geiser, unha sauna seca e unha sauna húmida, ducha cubo, ducha nebulizada e ducha alternante de contraste, e para acabar a sesión, dúas tumbonas quentes con vistas cara ao mar. Complementando estes servizos, os clientes poderán gozar dun ximnasio e tratamentos corporais, faciais e masaxes.

En canto ó gastronómico, Oca Foz conta cun restaurante especializado en cociña local e unha área de terraza onde tomar cócteles.

SOBRE OCA HOTELS

Actualmente el portfolio de la compañía Oca Hotels está formado por veintiséis unidades: Oca 15, duerming 11, y Grand Oca 1, y cuenta con 1.434 camas. A nivel internacional la línea está presente en Brasil y a nivel nacional en las comunidades de Galicia, Asturias y Cataluña.

Texto: Anaí Cao

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here