Se hai algo que caracteriza a Galicia é que ofrece un abano de opcións a turistas de todos os gustos, turistas que se incrementan nesta época do ano para gozar da riqueza paisaxística, gastronómica e patrimonial dunha comunidade ateigada de ofertas e posibilidades.

Así, para os amantes do turismo healthy, que gaña terreo de forma exponencial, Galicia é a rexión por excelencia, grazas ao seu impresionante patrimonio natural con enclaves saudables, ás súas coñecidas termas e ás súas innovadoras técnicas de talasoterapia e balneoterapia, ás que se lles suman aloxamentos especiais onde se pode gozar de métodos terapéuticos personalizados. E é a provincia de Ourense a preferida trasgañar o título de Capital Termal de Galicia por ofrecer zonas de augas con propiedades mineromedicinais únicas e excelente temperatura.

A gastronomía é outro dos atractivos que engancha os visitantes, con infinidade de restaurantes onde se pode gozar da cociña tradicional e de vangarda, e son as rutas de viños e as degustacións outros dos motivos polos que os turistas escollen esta rexión para as súas viaxes, segundo datos do buscador weekendesk.es, que conclúe que as adegas que ofrecen actividades para introducir o visitante na cultura vitivinícola con degustacións das denominacións de orixe galegas se atopan entre as favoritas de España.

Ademais, para os que non queren perder a conexión coa natureza, atópanse os cruceiros para coñecer os arquipélagos máis próximos, como as Illas Cíes, a Illa de Ons, ou unha travesía pola ría de Arousa.

Os principais visitantes de Galicia son os propios galegos, co 48 % das reservas, seguidos dos asturianos e dos castelán leoneses, co 13 % cada un e os madrileños (8 %) e os cataláns (3 %). Unha maioría esmagadora (o 89 %) prefire escapar en parella. O 5 % faino con amigos e o 4 % en familia. E, con respecto aos destinos favoritos dos galegos para facer viaxes curtas, figuran a propia Galicia, coa metade das reservas, as cidades do norte do Portugal (10 %), Asturias e Castela e León (8 % e 7 %) e Cantabria, co 4 %.

Foto: Iria Martínez

Texto: Silvana Mariño

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *