En pleno Xacobeo 2021, Tee-Travel cumpre 21 anos organizando o Camiño de Santiago de múltiples maneiras. A axencia de viaxes galega está especializada na organización das rutas xacobeas, así como de outros itinerarios de sendeirismo, cicloturismo, cultura e natureza, tanto en España como no resto de Europa e para viaxar de maneira individual ou en grupo.

Grazas a un equipo novo e dinámico, Tee-Travel prepara os itinerarios axustados aos desexos e preferencias de cada camiñante, en función da modalidade que se prefira e das persoas coas que se pretenda facer.

Por iso, a entidade galega supón a mellor forma para organizar o Camiño de Santiago e para iso conta con tres oficinas (Santiago, Sarria e Vilagarcía). Para facelo este ano, poñen a disposición dos interesados a súa páxina web (www.tee-travel.com), o correo info@tee-travel.com e o teléfono 986565026.