Cruzamento de camiños que levan a Compostela e a Fisterra, o municipio coruñés de Santa Comba destaca polas súas paisaxes de conto atravesadas polo río Xallas —o único de Europa que desemboca nunha fervenza— que o cruza de noroeste a suroeste e que proporciona vistas e recantos de gran beleza, como a praia fluvial de Esmorode, un dos principais atractivos turísticos.

Imprescindible é tamén visitar os castros, os pazos dos séculos XVI e XVII, os muíños, as casas nobres, os hórreos e os máis de cincuenta cruceiros esparexidos polas terras amesetadas da comarca. Visitas que convén descubrir a pé e, de paso, non hai que deixar de degustar o resultado dos seus fogóns.

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *