Pertencente ao municipio da Coruña, Santa Comba é unha confluencia de historia e paisaxes, cun destacado patrimonio histórico, artístico e cultural que inclúe dezasete igrexas, cinco capelas e catro ermidas de distintos estilos e épocas, e un bo número de cruceiros e pazos, así como numerosos elementos de arquitectura popular como hórreos, pombais e muíños rehabilitados.

Pero sobre todo, Santa Comba é natureza en estado puro, co río Xallas que a cruza de noroeste a suroeste, especialmente presente en recunchos máxicos como a Fervenza de Castriz, ou as áreas naturais da Pereira e A Ulla, principais atractivos turísticos do municipio, xunto á área recreativa de Esmorode ou o miradoiro e a capela de San Bartolomeu, entre outras. A comarca ofrece, ademais, grandes posibilidades para os afeccionados á caza e á pesca, existindo unha arraigada tradición na zona.

Especialmente recomendable para os amantes da historia é tamén visitar a ‘Casa do Pozo’, na que se sitúa o Museo Terra do Xallas, un edificio que alberga numerosos obxectos de distintas etapas da historia ‘xalleira’ e unha ampla colección fotográfica.

Localización

Ben comunicada, Santa Comba atópase a 62 quilómetros da Coruña e a 38 de Compostela (ambas as cidades con aeroportos).

Curiosidades

Durante a Segunda Guerra Mundial, existiu en Santa Comba a explotación máis importante de Europa de wolframio, chegando a traballar nela máis de 4.000 persoas cando esta funcionaba a pleno rendemento, e que serviu de estudos de rodaxe.

Gastronomía e lecer. Conta con recoñecidos establecementos de hostalaría e destaca como centro de lecer nocturno a nivel comarcal e provincial, con preto de 250 locais.

Mercado. Acolle unha intensa actividade comercial, e conta cun mercado semanal ao aire libre e varias feiras.

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *