Creador de aplicacións de software e amante da música viguesa, Diego Lamas lanzou hai sete meses a aplicación RockinVigo, un proxecto “único e moi persoal”, di, que lle está dando numerosas satisfaccións e unhas visitas aproximadas de 150.000 persoas no eido nacional. “Quería que fose a primeira de Europa que fusionase todo o lecer dunha mesma cidade coa música rock e é 100 % de creación propia”, comenta Lamas, para quen o principal atractivo da aplicación é que “abrangue todos os públicos, é dicir, non está creada unicamente para os amantes deste xénero musical, senón que calquera pode sacarlle partido nas súas doce iconas, que son unha pequena homenaxe aos mellores deseñadores gráficos do mundo”.

A aplicación pódese ver no ámbito mundial e non necesita descarga, xa que se accede a ela simplemente picando na ligazón e engadíndoa á pantalla de inicio do smartphone ou da tableta, un atractivo máis se se ten en conta que “o 80 % dos móbiles teñen as memorias case cheas”.

SERVIZOS DA APLICACIÓN

– Venda de entradas en liña

– Guía de lecer en conexión coas webs especializadas de máis relevancia da cidade

– Librería do Rock

– A lista máis extensa de artistas e grupos desde os anos 60 á actualidade

– Circuíto musical para gozar as fins de semana

– Noticias culturais

– Acceso directo ao Portal Turismo en Galicia Oficial

– Restauración

– Portal Social Media

-Sección Especial Extras (alugamento de limusinas, disfraces, coidadores de nenos, alugamento de bicicletas e todos os servizos locais do Concello)

– Sección de Doazóns para Ong

– Opción de visualización Online HT5 que evita consumir carga de memoria en PC ou smartphone

RockinVigo é gratuíta e xa esta dispoñible en:

http://h.fanapp.mobi/rockinvigo

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here