Luis Piedrahita

Hai homes orquestra, magos de chisteras infinitas, trapecistas que sobrevoan mundos de fantasía… e logo está Luis Piedrahita, un malabarista das palabras. Imposible non escoitarlle e atraparche. Porque tan importante é quen che fai gozar, quen che obriga a rir, quen che convida a soñar como quen che esixe pensar.

Humorista, ilusionista, escritor e director de cinema, este coruñés de cabeleira inconfundible e porte desgarbado esquiva a sensación de vertixe na súa policromía profesional dando forma a un día a día de constantes interrogantes pero, por encima de todo, de finais inesperados.

Texto: Cris Guillén
Fotos: Sue Rainbow

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here