Situado ó sur dá provincia de Lugo, na comarca de Terra de Lemos, na contorna da Ribeira Sacra, Pantón conta cunha riqueza paisaxística extraordinaria, un magnífico románico rural, e servizos e infraestruturas modernas, que se completan con zonas de lecer e unha magnífica gastronomía. 

Dende o lugar máis alto do municipio, Pena Pombeira, Pantón deleita aos seus visitantes cunhas fermosas panorámicas, mesturando as ribeiras máis escarpadas con apracibles vales. Unhas paisaxes naturais de gran variedade, con boas condicións para practicar a pesca e realizar percorridos en catamarán polos ríos Miño e Sil contemplando as insólitas paisaxes da Ribeira Sacra, cos seus característicos viñedos dispostos en terrazas.

Para os que gustan de realizar roteiros de sendeirismo, a zona ofrece algúns moi atractivos como os de Castro de Marce-Augacaída, o da Curuxeira, a que vai de Cibrisqueiros a San Cosmede (Pombeiro), de A Cruz a Pena Pombeira, ou dende a propia Praza do Concello ata o Balneario Augasantas.

Ademais, Pantón conta cun interesante patrimonio medieval coma o mosteiro femenino de Ferreira de Pantón, que data do século XII, de estilo románico; a igrexa de Santo Estevo de Atán, o Castelo de Maside ou o Pazo de Ferreiroá.

En canto os mosteiros, entre os que todavía perdura a vida relixiosa activa no cisterciense Divino Salvador, cabe destacar que conservan unha gran riqueza escultórica e importantes pinturas murais.