Carlos Castaño abriu o seu primeiro salón de peiteados Karymo en 2013. Na actualidade conta con tres locais repartidos en Santiago, Padrón e Teo, apostando por «unha formación continua que nos permita estar ao día en técnicas e tendencias, pero levadas sempre ao cliente, aos seus gustos e ás súas demandas, porque o noso día a día nos salón márcano eles por encima das modas».

Carlos explica, non obstante, que «en liñas xerais esta temporada se van levar moito as melenas superrectas. Volve o pelo liso, o long pixie, flocos desordenados e as melenas midi polos ombreiros».
Tamén «os flocos lisos con estilo cortina, en lateral e moi naturais», mentres que en peiteados masculinos reinará o estilo spike «moi curto e rapado polos laterais», e o top crop, «que engade un moño alto ao estilo samurai», ademais do clásico corte dos anos 50 con raia ao lado moi marcada.

 

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here