Alexandra Pérez (Monforte de Lemos, 1999) asegura que escribe letras “porque creo niso”, aínda que de momento combina versións con temas propios e dedícase a “escoitar de todo e a aprender para logo poder manexalo”. Malia que se sente máis cómoda no estilo pop, foi o rap o que lle deu máis fama, tras conseguir que unha canción para apoiar o Día Internacional da Muller na súa conta persoal de Facebook se fixese viral con preto de 190.000 reproducións. Voar e fluír, gravado nos canóns do Sil, é a súa última aposta musical.

Cara y Cruz, de Ayax
“É rap moi intimista, con letras que saen das entrañas e cun estilo moi persoal”.

Esencial, de Joaquín Sabina
“É o meu maior referente a nivel de letras. Para min escribe poesía”.

Moraima, de Andrés Suárez
“É o meu artista favorito, pola súa expresividade e as súas letras, que son superpoéticas, Tamén me encantan as súas versións acústicas en vivo, e ten unha calidade musical moi boa”.

Fotografía: Julio D. Fariña

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here