Festa de Interese Turístico Galego desde o 2009, os veciños e veciñas de Oroso son protagonistas da festa, na que participan e colaboran co agarimo con que tratan aos milleiros de visitantes que enchen as rúas do concello durante os tres días.
Ademais da festa, as persoas que se achegan a Oroso poden desfrutar do seu patrimonio natural, coa praia fluvial de O Refuxio, as áreas recreativas de A Penateixa, Ponte Arderís, O Cachopal e Rego Tellado, o paseo de Carboeiro ou as zonas libres de pesca dos ríos que atravesan o municipio.
“Temos un concello que hoxe en día está no mapa turístico, fixemos un intenso traballo de promoción e hai anos que chegaron os resultados”, engade o alcalde. Ademais, Oroso é cada día máis coñecido polo seu papel na revitalización do Camiño Inglés e milleiros de peregrinos pasan casa ano polo concello, moi preto xa da meta final da ruta.

Oroso é cada mes de maio a capital do ocio e a gastronomía galega pola Festa da Troita. Máis de 30.000 persoas pasan polo concello coruñés a degustar o manxar dos seus ríos e a gozar do seu patrimonio histórico e paisaxístico.
Pasaron máis de dúas décadas desde a primeira edición deste evento, alá polo ano 1997. Agora, a XXIII Festa da Troita é unha cita consolidada no calendario turístico, que este 2019 será os días 10, 11 e 12 de maio.
“Para todos os veciños e veciñas de Oroso, é un orgullo e un motivo de ledicia acoller a Festa da Troita. Como cada mes de maio, demostraremos que somos un concello acolledor, con moito que ofrecer desde un punto de visto gastronómico, paixasístico e lúdico”, asegura o alcalde, Manuel Mirás.
Oroso é natureza e hospitalidade, o concello dos seis ríos, un lugar de parada no Camiño Inglés a Compostela. Sempre é un bo momento para saborear a súa oferta gastronómica e pasear polos sendeiros naturais do municipio, aínda que a Festa da Troita é moito máis: música de día e de noite, artesanía, cultura e actividades para todas as idades.

“A promoción dos tesouros naturais e dos productos da nosa terra debe ser unha prioridade para todos os galegos e galegas. Desde o Concello de Oroso queremos contribuír a elo, e por iso traballaremos ao máximo para que a Festa da Troita de 2019 sexa a mellor posible”, sostén Manuel Mirás.
No amplo programa deste ano, hai espazo para as orquestras, os tradicionais campionatos de pesca, espectáculos de maxia, obradoiros infantís, as charangas… e como non, para as degustacións de troita e o tradicional xantar popular o domingo 12 de maio .

O concello coruñés celebra os días 10, 11 e 12 de maio a xa tradicional Festa da Troita.

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *