Hai case tres anos que Adrián Comesaña e Sergio Arias abriron as portas do pequeno hotel O Xardín de Julia na zona histórica compostelá. Á fronte do restaurante O Curro da Parra e do hotel-restaurante Altamira, apostaron nesta ocasión por instaurar nun antigo pazo reformado o concepto de pensión, que se traduciu en ofrecer un esmerado e completo servizo hoteleiro e dez confortables cuartos, metade deles con vistas ao Mercado de Abastos e metade ao sorprendente xardín traseiro, convertido xa no selo de
identidade do establecemento.

Por iso, e tras consolidar o modelo de aloxamento, a súa directora, María Moas, decidiu abrilo ao público da cidade «dunha forma distinta, converténdoo nun bar que funcionará de forma ocasional, cando o tempo o permita, e con actuacións musicais e eventos diferenciados que se darán a coñecer a través das redes sociais».

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here