Flamenco Killers, de José Miguel Sánchez Guitián, aborda o relato dunha peculiar bailaora, ademais exaxente do FBI, que monta unha academia de flamenco nos Ánxeles. Unha novela áxil que mestura o humor coa denuncia social e trata temas tan importantes e actuais coma o acoso sexual ou o machismo.

John Brockman publica unha colección de breves ensaios coas ideas orixinais de grandes pensadores da actualidade, coma Nassim Nicholas Taleb, Jared Diamond ou Richard Thaler, entre outros moitos, para axudar a entender como funciona o mundo. Explícao todo de xeito interesante, divertido e inspirador.

Na súa nova novela, Esos días azules, Nieves Herrero desvela por primeira vez a verdadeira vida de Pilar de Valderrama, a musa de Antonio Machado, unha muller que, no ocaso dos seus días, tivo a valentía de lle confesar ao mundo que ela foi a Guiomar da que falaban algúns dos versos máis fermosos do poeta. Unha das máis conmovedoras historias de amor que xamais se escribiron.

Amigos de guerra, o debut literario do arxentino Rolo Graziano, é unha historia que atravesa de cheo a Segunda Guerra Mundial, con personaxes que conviven coa loita e a filosofía que esconden os conflitos armados. Paralelamente, o amor deberá pelexar contra a dor e os prexuízos.

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *