No límite oriental da provincia da Coruña, e próximo ao paso do Camiño Inglés, atópase Monfero, un concello que destaca pola seu patrimonio natural. A súa superficie montañosa, o río Eume e, sobre todo, as Fragas son os principios recursos e atractivos do lugar, así como o seu mosteiro.

Dentro da superficie montañosa destaca a Serra da Loba e o Monte da Pendella, dende onde se pode gozar dunha vista panorámica que abrangue dende as Mariñas ata á Coruña.

En canto ao curso fluvial, o Eume serve de fronteira natural ata a súa desembocadura na ría. Entre os seus afluentes máis considerables encóntranse o Frei Bermudo e o San Bartolomeu, que forman un conxunto de gran beleza ao longo de toda a súa ribeira, debido ao clima oceánico húmido que presenta o termo municipal. 

E mención especial merecen as Fragas do Eume, xa que máis da metade da extensión deste Parque Natural pertence a Monfero. O bosque caducifolio máis importante de toda a Europa atlántica conta cunhas condicións climáticas que permiten a existencia de especies termófilas de flora e fauna, desaparecidas noutros bosques similares.

Por todo isto, recorrer Monfero polos seus vieiros resulta unha das mellores alternativas para coñecer toda a súa beleza.

Por outra banda, tamén resulta de gran importancia o patrimonio histórico, destacando o mosteiro cisterciense, o cal leva o mesmo nome que o concello. Xa no 1135 falábase da demarcación da xurisdición do convento e faise referencia a diversas mámoas na Pena do Moncoso. A maiores, hai varias pontes medievais e pequenas ermidas.