Vestido de abelorios- PPara conseguir unha silueta brillante tanto en versión maxi coma mini, mestúrao con plumas con mangas abullonadas e lazadas excesivas… e que se faga a luz!!!

Foto: Vestido vermello love de abelorios, de Syled by Vitoria Castelo

Vía @thestylekillers

 

Capas – A mellor alternativa ao abrigo para facer unha entrada dramática e triunfal na festa. Procura que estea ricamente decorada con brocados, veludo, plumas…

Foto: Naomi Campbell con Capa de Valentino

Vía @maisonvalentino

 

Lamé prateado ou dourado – Escintileos metálicos para unha festa sen fin, volumes, drapeados, movemento glitter dos setenta para unha noite marciana.

Foto: Vestido dourado de Altuzarra

Vía @altuzarra

Bolso Midi – Dálle o toque definitivo ao teu look, con cadeas para levalo cruzado ou colgado ao pescozo a modo de colar, cun efecto esmaltado, pequenos pero matóns.

Foto: Bolso mini en todas as cores de Jacquemus (éxito da tempada)

Vía @altuzarra