Natalia Alcayde é asesora de imaxe e colaboradora habitual de varios medios de comunicación, entre eles Correo TV, El Ideal Gallego e Intereconomía.

Vestido axustado
Devólvelle á muller a conciencia do seu corpo. Os meus preferidos son os drapeados, que fan auténticos debuxos escultóricos sobre a anatomía.

Brillo metalizado
Estilo con moito escintileo, futurista, con nostalxias dun pasado moi actual. 

Talle alto
Pantalóns de estética dos oitenta e cinguidos ao talle, un bo comodín para a rúa, a oficina ou a noite.

Encaixe Richelieu
Encaixe tecido con agulla que se verá no pescozo, nos puños e nos longos dos vestidos, con vocación de exclusividade.

Vestidos 60′
Cómodos e femininos, lembran os minivestidos de bonecas, reinventando o baby doll.

Plumas
O material máis versátil, que se adapta aos estilos máis variados, xa sexa na súa forma máis clásica ou para reinventar os estilismos.

Fotografías: Sue Rainbow

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *