A praia de Figueiras, nas Illas Cíes, alzouse co título de Mellor Praia de Galicia polos lectores da revista Condé Nast Traveler.
“Alonxámonos dos tópicos das Illas Cíes para caer (afortunadamente) na praia de Figueiras. Ás nosas costas deixamos unha extensa e profunda vexetación que axuda a que o escenario pareza sacado da película La Playa. Aquí, o nudismo é á túa elección e a auga está algo máis fría do habitual, pero todo sea por ver o solpor sobre os 300 metors desta xoia oculta”. Así presenta a publicación Traveler a praia de Figueiras, seleccionada entre os mellores areais que quedou en quinto posto do Top ten elixido polos seus lectores. Os primeiros son para San Antonio del Mar, en Llanes (Asturias), que se erixiu como a máis bonita deste verán, seguida pola murciana Cala Cortina, a andaluza Valdevaqueros, en Tarifa, e Caló d’es Mort, en Formentera.