Doda Vázquez- Xornalista

A presidenta da Asociación da Prensa da Coruña afirma que estes tres libros “definen moi ben quen son agora mesmo: unha persoa que, malia todo, adora a súa profesión, unha feminista cada día máis convencida e que cre que lle damos pouco as grazas á gran Pardo Bazán e alguén que tenta ler e pensar máis en galego”.

O DIRECTOR, de David Jiménez 

Indispensable para futuros comunicadores e para quen, a pesar de exercer a profesión, non perdeu a fe no xornalismo. Fluído, intenso e escrito con oficio de quen foi reporteiro. Cheo de intrigas, envexas e loitas de poder. O normal en calquera redacción. 

EXTRAORDINARIO, de Ramón Lopo

A novela profunda nas relacións de familia, na procura dun mesmo e nos traumas infantís que nos perseguen, todo isto narrado dun xeito ameno e agradable e cun texto que, unha vez que o colles, non podes soltar. Unha boa forma de achegarse á literatura en galego.

MULLER AO BORDO DUN ATAQUE DE CONTOS, de Emilia Pardo Bazán

Oito contos para narrar as vivencias de mulleres dunha época que, dunha maneira inquietante, poderían ser perfectamente algunha das que atopamos en calquera cidade galega. Para reivindicar a non sempre ben tratada Emilia Pardo Bazán e a súa —sempre ben escrita— loita polo feminismo. 

Foto: Iria Martínez

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here