Filóloga e lectora apaixonada, á escritora Abril Camino (A Coruña, 1980) gústalle “profundar nas diferentes formas que teñen as persoas de relacionarse, de amar e de seren amadas”. No seu último libro, Imposible canción de amor, que acaba de publicar Penguin Random House (Ediciones B), demóstrao cunha trama construída ao redor dun sorprendente conflito e que, de seguro, non deixará indiferentes aos que xa lesen as súas dez novelas románticas anteriores.

Los últimos días de Rabbit Hayes, de Anna McPartlin. “é o drama dunha muller que está morrendo e debe despedirse da xente á que máis quere, pero está contado cunha voz narradora tan doce, e por momentos ata divertida, que é imposible non namorarse da súa historia”.

Nuestra casa en el árbol, de Lea Vélez. Unha marabillosa reflexión sobre a maternidade, o ritmo diario e a vida, a través dunha nai que se muda a vivir a unha vila de Inglaterra cos seus tres fillos na busca dun día a día máis relaxado e natural.

El ruiseñor, de Kristin Hannah. Unha historia ambientada na Francia ocupada durante a Segunda Guerra Mundial e que ten como protagonistas dous irmás con maneiras moi diferentes de afrontar a vida, o amor e a propia guerra.

Fotografías: Iria Martínez

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *