Afirma Minchy Jaber que “relacionarse cun cabalo dá moita confianza e autonomía. Ensínache a relacionarte e a traballar en equipo, porque sempre sodes dous para realizar calquera actividade e sen esa empatía co animal non se consegue nada, pero tamén che fai ser máis responsable e respectar a contorna”. Por iso, esta xineta amante dos animais e que monta desde a infancia recomenda a equitación desde idades moi temperás. Formada no medio natural e en terapias en Cáceres, Minchy abriu en 2004 o seu propio centro hípico en Compostela, en plena ruta xacobea, onde conta na actualidade con 24 equinos e na que conseguiu crear “unha gran familia”, potenciando “a parte lúdica” e “as terapias con cabalos, cuns resultados incribles”. E é que, asegura, “traballar con eles fortalece, mellora a musculación, a autoestima, o equilibrio, a elasticidade, a coordinación… e, no autismo, desenvolve a comunicación e axuda a concentrarse e a expresarse mellor”.

Ademais de ser un albergue para os cabalos de peregrinos, onde poden descansar antes de afrontar a última etapa do Camiño de Santiago, o centro preparou para xullo e agosto varios campamentos de verán de cinco días, en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e clases de 16.00 a 20.00 horas. “Montar a cabalo vai máis alá de poñerse encima do animal e de trotar. É tamén poñerlle a sela, limpalo e coidalo, e crear un vínculo con el”.

Hípica La Lagunita

Lugar da Lagoa, San Marcos

15820 Santiago de Compostela

Telfn.: 628 800 806

www.hipicalalagunita.com

Foto: Iria Martínez/ Redacción: Toni Martin

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here