A Orde do Camiño de Santiago celebrou xa tres das cinco xornadas previstas no marco do seu proxecto “Coñece os Camiños, cofinanciado pola Xunta de Galicia a través do programa O Teu Xacobeo.

Cada unha desas xornadas organízase nun municipio de menos de 5.000 habitantes que atravesan as diferentes rutas xacobeas. Ata o momento celebráronse en Mondoñedo coa posta en valor do Camiño do Norte, San Cristóbal de Cea para destacar a Vía da Plata-Camiño Mozárabe e Palas de Rei no itinerario do Camiño Francés. A execución completarase entre o fin de febreiro e comezos de marzo coas accións que corresponden ao Camiño de Inverno e ao Camiño Portugués.

Cada unha destas xornadas, que conforman “Coñece os Camiños”, consta dun panel de conferencias sobre o Camiño de Santiago e a celebración do próximo Xacobeo 2021-2022, centradas en aspectos como a sostenabilidade, os itinerarios culturais, as características das peregrinacións ou o desenvolvemento de cada unha das rutas. Ademais, intégrase oferta cultural, etnográfica e gastronómica de cada un dos municipios, con fin de contribuir a divulgar os recursos endóxenos dos distintos locais nos que o XAcobeo ten un impacto destacado. A programación inclúe unha intervención musical da artista e compositora galega Lucía Pérez, cun repertorio monográfico sobre experiencias vividas no Camiño.

As sedes destas celebracións establecéronse en espacios públicos, contando coa colaboración da población local e están dirixidas a destinatarios diversos, impulsando a inclusión e a accesibilidade, apoiando o fin do programa o Teu Xacobeo que busca promover unha celebración do Ano Santo para todas as idades e colectivos.

Con este proxecto que xa cumpliu o seu ecuador, a Orde pretende proporcionar aos habitantes dos municipios información relevante sobre o Camiño de Santiago, co fin de trasladala aos peregrinos que visiten a súa localidade, e contribúan así a fomentar a cultura xacobea e a hospitalidade no Camiño.

En cada un destos actos aplícase un estricto protocolo anti COVID-19 para garantir a seguidade dos participantes, adaptado ás directrices das autoridades sanitarias en cada momento.

A información sobre estas xornadas e a actividade da Orde del Camino está dispoñible en   www.ordendelcaminodesantiago.es  e nas redes sociais www.facebook.com/OrdenCaminoSantiago e www.instagram.com/orden_camino_santiago