Nadal é sinónimo de ilusión. A que provocan os preparativos, as compras do Nadal na busca dos mellores produtos gourmet, dos agasallos máis orixinais ou das pezas de moda con máis estilo. Nadal é sobre todo alegría por compartir cos nosos seres queridos. Nós dámoslle a benvida cunha tarde de compras no Corte Inglés.

Vajilla por piezas de Navidad Apple ECI (desde 5,95 €) / Bajoplatos (desde 1,95 €) / Cubertería por piezas (desde 0,75 € unidad) / Copas de vino talladas (desde 2,95 € unidad) / Platos de pan (desde 1,50 € unidad) / Manteles (desde 39,95 €) / Servilleteros navideños (desde 1,99 € unidad) / Caminos de mesa en lino (desde 24,95 €) / Centros de mesa con soporte (desde 7,95 €) / Portavelas (desde 2,95 €) / Árboles de sobremesa (desde 9,95 €) / Velas (desde 5,95 €) / Ramas decorativas (desde 7,95 €) / Figuras (desde 3,95 €)

Unha mesa perfectamente adornada é sen dúbida, o mellor preámbulo do menú que se vai servir. A elección de cada detalle é importante. Clásicas, rústicas, con core douradas, prateadas, modernas, monocromáticas, coloridas… hainas para todos os gustos. O importante é poñer atención aos pequenos detalles que a diferencian, engadíndolles a mantelería, ao xogo de cubertos, ás copas, aos vasos e ás vaixelas uns orixinais centros de mesa, candeas e candelabros.

A felicidade implícita que leva o agasallo comeza no momento de buscalo na tenda, con todas as medidas de seguridade sanitaria. Percorrer as distintas plantas buscando o obsequio perfecto co que agasallar a familia e os amigos. Libros, discos, accesorios, pequenos electrodomésticos, electrónica de consumo, roupa deportiva, complementos, lencería, xoias, calzado, bixutería, cosmética, perfumes, telefonía, xoguetes ou produtos gourmet. Hai todo un mundo de artigos cos que sorprender e ser sorprendido.

Regala ao seu gusto, sorprende á túa familia e amigos cun obsequio feito á súa medida. No Club do Gourmet poderás elixir os seus produtos favoritos e levarllos nunha cesta ou caixa personalizada. Hai máis de 4.000 tentacións para escoller nun envoltorio exclusivo.

Legging ecopiel: Hue / blusa plumeti: Elogy / americana de terciopelo y cuello de pelo de conejo: Tintoretto / chaquetón de cordero: Maximilian / anillo y pendientes: Duran Exquse / zapato salón: Fórmula Joven / Abrigo de punto: Souther Cotton / abrigo blanco: Esprit / falda y camiseta plisadas de fiesta: Elogy / botín elástico: Gloria Ortiz / pendientes de strass: Bisutería ECI / Chaleco en pelo de conejo y falda larga satinada, y sueter cisne con lana y cachemire: Woman Limited / Abrigo largo: Adolfo Domínguez / Bolso: AD; Anillo doble, medallón largo y pendiente botón: Bisutería ECI / botín de tacón recto: Gloria Orti / Jersey: Calvin Klein / americana y pantalón: RobertoVerino / abrigo: Hugo Boss / botas: Luis Gonzalo y estola de pelo: Maximiliam

Este ano cambian as situacións, os plans e os escenarios, pero mantense o espírito do Nadal. As festas viviranse en familia e á calor do fogar, pero non por iso deixaremos de buscar estilo e bo gusto para os nosos looks festivos, que combinarán elegancia e comodidade.
Así, o punto será o gran protagonista da moda neste Nadal e a mellor inspiración á hora de vestir, combinada con accesorios XXL, mentres que as coleccións metalizadas estarán entre as propostas máis buscadas para lles dar brillo a estas festas.

Outra das tendencias que impera este inverno é a do coiro e o efecto pel, que se verá en todo tipo de pezas. Un legging ou unha saia, combinados con tops de festa, blusas ou xerseis, son unha opción perfecta para estas datas.

Os homes tamén apostarán pola comodidade sen lles restar protagonismo ás pezas que achegan estilo, con traxes confortables e xerseis de colo alto que substituirán as camisas e as gravatas, para restar formalidade
sen perder un chisco de elegancia.

 

Mentres, os máis pequenos da casa vestirán pezas de veludo, abelorios, tules e brillos cheos de fantasía. E, para completar, dar estilo e definir os mellores looks, serán imprescindibles tamén os accesorios

Todas as prendas e accesorios utilizados están dispoñibles nos centros El Corte Inglés.