Tony Lomba, o segundo eu do polifacético Germán Fandiño, é un divertido showman, un tipo excéntrico con voz de cantante solista a quen lle gusta improvisar música lixeira, baladas italianas, blues e ata flamenco, con letras provocativas, políticamente incorrectas e en tono cómico. Un cantante e un tipo estupendo que lidera numerosos proxectos, entre eles o seu dúo máis coñecido con Eladio dos Santos e que afortunadamente para os seus seguidores, empeza xa a marcar concertos na súa axenda estival tras o parón da pandemia.
1. Bailar pegados: A Elvis Costello, Barbra Streisand…
2. Queimar pista: A Rage against the machine, Los Enemigos, Bruno Mars…
3. Acompañar unha barbacoa: Red Hot Chili Peppers, Soungarden, B52…
4. Escoitar no coche: Stevie Wonder, Camarón de la Isla, Depedro…
5. Levar á piscina ou á praia: Rat Pack (Frank Sinatra, Dean Martin, Sammy Davies Jr., Peter Lawford & Joey Bishop).
6. Cantar nun karaoke: Héctor Lavoe, Nino Bravo, Nino Ferrer, Tom Jones…
7. Escoitar nunha cea romántica: Donny Hathaway, Aretha Franklin, Nina Simone…
8. Cantar na ducha: Jimmy Fontana, Nino Bravo…
9. Liberar a melancolía: Ne me quitte pas, de Jacques Brel, e Madre, de Tony Lomba & Elio dos Santos.
10. Cal é a canción da túa vida?: Bella idiota, de Marco Masini, e Un beso y una flor, de Nino Bravo.