Gotas de auga e raios de sol, unha folla que segue o seu curso…o ciclo da vida. Son tantas gotas as que nos dan vida! Unha mañá co sol de inverno atopo esta imaxe. Ólloa, a visión me engancha e, a saber o motivo, comezo a lembrar as miñas gotas. Gotas luminosas, grandes e pequenas… cada gota cohesionada e adheríndose a miña existencia. Todas elas importantes, todas elas con significación.

Gotas cotiáns, sorprendentes, familiares, ardentes, atopadas…. Gotas que limpan, que che prenden, que dan acubillo, que non te soltan,…, e unhas poucas que o abarcan todo, gotas necesarias e imprescindibles…. Todas as gotas que non podo derramar.

Fotografía: M. Victoria Otero Espinar

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *