Todas as lúas cheas son máxicas. Quedamos mirando cara a elas como se estivesen chamándonos para nos contar un antigo segredo. As superlúas cheas ocorren no seu perixeo anual, ao achegárense na súa órbita arredor da Terra e pode chegar a parecer un 30 % máis grande do habitual. Quixen cazar unha desas megalúas coa miña cámara e un pesado trípode desde o parque da Alameda, xusto nese preciso momento en que se fundía nun abrazo coa cruz da fachada principal da catedral de Santiago de Compostela. 
Cada vez que vexo esta foto non só me acordo do frío que pasei nesa húmida noite do outono galego, senón de que hai veces nas que debemos de baixar a cámara e simplemente gozar do momento. As mellores fotografías son as que se encontran para sempre na nosa memoria, como a case milenaria catedral e esa lúa de conto de millóns de anos de vida.

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *