Ter visión de conxunto e unha ferramenta que permita facer un correcto diagnóstico diferencial é a clave do éxito dos tratamentos que se aplican na Clínica de Medicina Estética Yolanda Albelda en Compostela. A doutora afirma que “hai que saber identificar cal é o problema e traballar en conxunto, e para iso hai que contar con instrumentos de diagnóstico precisos” e tamén que o ecógrafo marca a diferenza porque “permite analizar a calidade da epiderme, e sobre todo derme e texido subcutáneo, e medir tecidos adiposos, ver de que tipo son, ata que nivel chegan ou en que zonas concretas están localizados, a fin de decidir cal ou cales son os procedementos máis adecuados, e mesmo ver tamén a súa evolución e facer comparativas concisas para apreciar a súa eficacia e os cambios que se deben facer, porque o organismo non é estático e varía”.
Explica que a diferenza entre facial e corporal é que “esta é unha extensión máis grande que require de moitos máis coidados e é raro atopar cun só problema”. Insiste en que “non hai fórmulas máxicas nin existe un tratamento único, senón varios que hai que combinar e, para pautar os máis adecuados, é imprescindible facer un correcto diagnóstico”.
Ademais, esta recoñecida profesional incide na importancia da “suma da tríade, é dicir, exercicio físico, corrección alimentaria e medicina estética”, porque “os problemas corporais están moi asociados ao estilo de vida. Nunha paciente cunha vida sedentaria, que fai pouco exercicio aeróbico ou de potenciación e que non se alimenta correctamente, os tratamentos funcionarán, pero o resultado non vai ser tan bo”.
Tamén é importante, “de ser necesario, unha achega suplementaria para paliar déficits alimentarios, porque hai que facer que o intestino e o fígado funcionen ben” e ter en conta que “hai problemas que se teñen que traballar no ximnasio e outros en cabina”.
É fundamental a combinación, pero sobre todo, incide en que é fundamental “ter un diagnóstico diferencial que determine o correcto tratamento que hai que pautar”.

BIOGRAFÍA
Yolanda Albelda é doutora en Farmacia, experta en medicina estética, oncolóxica, dietética, nutrición celular activa e técnicas de estética. Hai doce anos, abriu en Compostela a clínica que leva o seu nome.
www.yolandaalbelda.com

TRATAMENTOS ESTRELA
– Accent Prime
– Radiofrecuencia médica indiba
– Carboxiterapia asociada a ondas de choque
– Cócteles de mesoterapia

Fotografías: Sue Rainbow

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *