Juan e eu coñecémonos falando de libros, cando el estaba a piques de publicar a súa primeira novela e eu vivía entre páxinas de xornal e micrófonos. Uníronnos as intrigas no Vaticano de ‘Espía de Deus’ e moitos nexos persoais comúns, pero sobre todo, fixémonos amigos entre comidas, confidencias e risas, e como tal vivín con moitísima ilusión o nacemento das súas seis seguintes novelas, aínda que confeso a miña querenza por ‘Cicatriz’, non por ser a mellor, que no caso de Juan sempre é a última e ese posto correspóndelle a ‘Reina Roja’ con sobrados méritos, senón porque supuxo facer realidade un mini proxecto que tiñamos pendente. Metida de cheo nas súas aventuras de Álex Colt, redescubrindo a nena astronauta que houbo en min, non podo por menos que renderme ao seu gran talento de escritor e á marabillosa persoa que é.

Fotografías por Iria Martínez


Vivimos nun mundo onde dúas cousas non poden ser certas ao mesmo tempo

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *