Con máis de vinte anos de experiencia no sector da decoración, Maika Iglesias abriu hai catro anos  Myka Deco, un proxecto moi persoal que xunta estudio de interiorismo, showroom e tenda no mesmo edificio da zona histórica compostelá. Apaixonada do seu traballo, Maika laméntase de que «en Galicia hai moita información, pero pouco atrevemento á hora de decorar», e asegura, iso si, que «cada vez a xente ten máis en conta o labor que realizamos os interioristas, facéndonos partícipes da reforma desde o primeiro momento».

SON TENDENCIA

Os dourados, «que o inundan todo»

O tropical, cos seus tons verdes, azuis raros e amarelos.

Os papeis pintados, «en pleno esplendor».

O ecléctico, «mesturar o moderno co clásico e investir en pezas importantes, de calidade, combinadas con accesorios e mobles auxiliares máis baratos; pequenos detalles que permiten redecorar continuamente».

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *