SPY+ Monolith: Unhas gafas que melloran o teu humor
Fundada en 1994 en San Diego, a marca SPY+ foi adquirida fai un par de anos polo grupo Bollé Brands, especializada en gafas e cascos para running, ciclismo e esquí, entre outros eportes. Con Spy+, o grupo amplia a súa gama de productos para abarcar surf, skate, snow, BMX e outras disciplinas.
Entrando xa en materia con esta atrevida e novedosa proposta, SPY pretende convertir os nosos días grises en alegres. Mellorar o noso estado de ánimo cunha visión máis clara e limpa. Toda unha declaración de intencións que ademais, conta cunha demostración que nos deixou alucinados. Trátase dun filtro de Instagram que nos permite ver como nos sentarían estas gafas, á vez que nos replica a visión que tendremos unha vez postas. Deixámosvos o link para que o probedes vós mesmos e alucinedes tanto coma nós.
Saint Laurent X Bang & Olufsen: Cando o bo son se xunta co mellor deseño.
Podería decirse que no mundo dos gadgets, non hai nada máis apaixoante e orixinal que a suma dos atributos de dúas grandes marcas para crear un concepto disruptivo e innovador. É o caso de Bang & Olufsen, número un en son, e SAin Laurent, coñecida firma prencesa de life style e moda, fundada nos anos sesenta.
Desta unión nace Beosound Edge, un altavoz pequeno pero potente; minimalista á vez que único, pois ninguén podería esperarse que etrás dunha peza de arte como esta, se atope un altavoz cunha tecnoloxía e un son tan sobresaíntes.
Como detalles de calidade atopamos que ao acercarse a Beosound Edge, este cobra vida, iluminando a interfaz gracias aos sensores de proximidad. A superficie de aluminio sensible ao tacto permítelle iniciar, deter e cambiar de pista con un simple toque.
Este altavoz ofrece tres configuracións de son direccional para diferentes experiencias auditivas, incluíndo o modo omnidireccional True360 que encherá de son toda a habitación. Ademais, o innovador deseño do porto de graves activo permite a Beosound Edge ofrecer uns graves extraordinariamente potentes. Este altavoz de edición limitada está personalizado nun estampado de mármore cun acabado de aluminio negro mate.
Tissot T-Touch Connect Solar: a evolución dun clásico
Os fanáticos da marca suiza están de noraboa. Tissot sigue apostando pola súa gama de T-touch, co novo connect Solar. Toda unha declaración de intencións, sen olvidarse das súas orixes. Un reloxo que xunta deseño, conectividade, funcionalidade e prestacións. Na gama dos reloxes premium, Tissot está considerada como unha das grandes marcas sen ter un coste tan elevado como outros modelos de smartwatch de luxo. Falamos de firmas como Hublot ou Breitling que se apuntaron ao carro dos smartwatch dende o auxe que experimentaron nos últimos anos.
Volvendo ao Tissot, a marca creou un sistema operativo específico para o T-Touch Connect Solar. Sw-ALPS desenvolveu polo Grupo Swatch en asociación co centro de investigación e desenvolvemento CSEM. Varias entidades manufactureiras da compañía, á que pertence Tissot, particopou na creación do T-Touch Connect Solar,como sucede dende o primeiro modelo da gama, lanzado en 1999. A pantalla do T-Touch Connect Solar é un compoñente esencial do seu perfil interactivo e o seu consumo de enerxía. Presenta unha barra de estado na parte superior da pantalla que contén información e notificacións esenciais. Gracias á amplitude da área de visualización, permite o equilibrio entre o consumo, oe spazo apra os sensores fotovoltaicos e a lexibilidade.
O sistema de interacción consiste en dous pulsadores, unha coroa electrónica e un cristal de zafiro táctil resistentes aos arañazos. As confirmacións por vibración poden activarse para asegurar o modo de uso, especialmente cando se usan guantes durante actividades como o golf, o sendeirismo ou a escalada.
Todo esto e moito máis por un prezo base de 980€ coa posibilidade de configurar tanto a caixa como as súas correas intercambiables.