É época de celebracións, o que a miúdo significa inxerir alimentos pouco habituais no noso día a día e aumentar a inxestión calórica. Comemos máis produtos pouco saudables e o organismo pode sufrir dixestións lentas e pesadas con posibles cambios do tránsito intestinal e subidas de nivel do colesterol e da glucosa. Por iso, os expertos en nutrición aconsellan limitar os excesos e reducir as toxinas, pero “sempre seguindo os nosos sinais de fame e saciedade”.

Tamén suxiren varios alimentos para axudar a superar os días de empacho, como a ensalada de alimentos amargos (escarola, endivia, ravos comúns, un gran de allo picado fino, unha granada, aceite de oliva virxe e vinagre de mazá non pasteurizada) para acompañar os pratos de proteína e de graxa; salsas dixestivas a base de xenxibre relado, nabo cru e aderezados con vinagre de mazá; unha cullerada sopeira de xucrute (col fermentada) ou de xerminados para acompañar as comidas fortes; froita seca ou mel como alternativa ao azucre refinado e incluír nos menús verduras como remolacha, ravo negro, alcachofa, col e apio, e froitas como mazá, pera, kiwi, uva ou pomelo.

Ademais, advirten dos beneficios de incluír suplementos naturais que axuden a depurar o organismo de toxinas e excesos, como o cardo mariño, o dente de león ou a cúrcuma.