Hyundai Tucson Híbrido 48V

Baixo consumo e emisións, elevado par motor, alta autonomía e exento do imposto de matriculación (salvo 185CV) son os principais beneficios que ofrece o Hyundai Tucson Híbrido 48V, dispoñible en varias versións e único modelo do seu segmento con etiqueta eco e motor diesel. Un dos “favoritos” da coñecida instagrammer Cuca Olveira, que o define como “un coche urbano, elegante, cómodo e cun manexo en xeral moi intuitivo”.o”.

“É un vehículo cun concepto todoterreo e o tamaño ideal para movernos pola cidade”, di, “e que ao mesmo tempo nos permite viaxar dunha forma cómoda e segura durante longas horas por estrada”, destacando “de forma moi positiva” despois de probalo, “o seu deseño, condución, equipamento e seguridade”.

Esta blogger galega, con máis de 100.000 seguidores na súa conta de instagram (@ cucaolveira), confesou ao chegar ao concesionario Hyupersa, en Compostela, que lle sorprendía “moito” o interior do Tucson, “tanto pola calidade dos seus habitáculos como pola súa evolución a nivel tecnolóxico. Coñecía outros modelos similares da marca, pero este sen dúbida converteuse no meu preferido”, dixo tras probalo.

Tras un paseo pola capital galega, asegura telo claro. “O que máis me gustou do Tucson Híbrido 48V foi a súa condución suave e as medidas de seguridade que ofrece. Chifloume!”.

Desde Hyupersa lembran que o Hyundai Tucson é un dos SUV máis populares do mercado español que neste 2019 presentou unha interesante novidade, a dispoñibilidade das novas versións de hibridación suave con sistema de 48V, que pasaron a recibir a etiqueta ambiental ECO da DXT, polo que gozan de privilexios e vantaxes como “o pago reducido en peaxes, a posibilidade de circular e aparcar en zonas de prioridade residencial ou o prezo reducido en zonas de estacionamento regulado, entre outras”.

Sobre as súas vantaxes competitivas, explican que “fronte a un híbrido convencional o Tucson 48V é máis económico, ten menor consumo na estrada, menor complexidade técnica e sen medidas de protección específicas”, mentres que fronte a un diesel convencional “ten menor consumo, máis suavidade de funcionamento, menores emisións, mellor comportamento e a etiqueta ECO”.

Concesionario- Hyupersa Santiago
Ctra. Coruña, Km. 58
15703. Santiago de Compostela. A Coruña
Teléfono: +34 91 93 70 00

Horarios de Apertura

Exposición
Luns-Venres 9:00-13:30 y 15:30-20:30
Sábado 10:00-13:30
Taller:
Luns-Venres 9:00-13:00 y 15:00-19:00

Pertencente ao Grupo Pérez Rumbao, referente en Galicia e con máis de 50 anos de experiencia no sector da automoción, Hyupersa é o concesionario oficial Hyundai en Santiago, e conta con instalacións modernas e funcionais, onde se pode gozar, coñecer e ser asesorado sobre as últimas novidades e modelos da marca.

TEXTO: Toni Martin

FOTOS: Iria Martínez

VIDEO: Brais Baltar

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here