O lucense Ángel Patricio Argibay tiña quince anos cando se lle ocorreu pedirlles aos escritores amigos da familia que ían pola súa casa dedicatorias nos seus libros. Eran os tempos en que trataba con Ánxel Fole, Otilia López Seijas ou Narciso Peinado, e neste momento foi cando comezou unha colección que hoxe atesoura 4348 libros, coas recentes incorporacións de dous títulos de Maxím Huerta, e na que hai máis de 1400 autores de distintos ámbitos, como escritores, poetas, xornalistas, cociñeiros, fotógrafos, políticos, pensadores, aristócratas, pintores, presentadores de televisión, e mesmo modistas como Pertegaz, Rabanne e Loewe. Tamén hai premios Nobel, como Vargas Llosa e Camilo José Cela, e grandes da literatura como Vicente Aleixandre ou Rafael Alberti, que lle dedicaron os seus libros antes de morrer. “De feito”, conta, “o paquete cos de Alberti chegoume á casa o mesmo día do seu falecemento”.

Funcionario na Deputación de Lugo, este paciente coleccionista asegura que “todas as dedicatorias me gustan por igual, porque aínda que algunhas sexan de autores que coñezo, e por tanto máis persoais e cariñosas, valoro o tempo e a boa disposición que tiveron todos cara a min”.

 

Libros

 

Poemas da consumación – Vicente Aleixandre

“Gardo o libro xunto a un documento da irmá do poeta que certifica que foi o último que asinou antes da súa morte”.

 

 

 

 

 

A RosaCamilo José Cela

“Trataba a Cela e a súa muller, e lémbroo con moito afecto, cun carácter moi diferente ao que sacaba en televisión”.

 

 

 

 

 

A espía que vestía de vermello – Aline Condesa de Romanones

“Cando lle escribín para pedirlle o seu autógrafo, convidoume a ir á súa casa para coñecela e estivemos tomando un café no seu salón. Era unha muller incrible”.