“Deseñamos para emocionar”. Esa é a premisa que seguen Arturo Ouro e Elías Pérez, o tándem creador de Orfega, unha firma nada en 1999 como un taller de ourivaría tradicional que foi evolucionando ata chegar ao que é hoxe, unha recoñecida marca de xoias de autor e contemporáneas, nas que cada peza é “unha pequena obra de arte que encerra un misterio e unha emoción para descubrir”.

Artífices da innovadora técnica Simeltech, que permite pigmentar a prata para darlle cor, as pezas de Orfega véndense a distribuidores de toda España, diversos países de Europa, Australia, Estados Unidos e Rusia.

Do mesmo xeito que Ardentia, Fernando Gallego Xoieiro Artesán, Fink Ourives, Óscar Rodríguez Xoieiros e Unión Xoieira de Bergondo, Orfega forma parte do selo Galicia Calidade, que ao seu xuízo “achega un distintivo de garantía e parecíanos interesante formar parte del. Coñécese e ten moito prestixio, tanto dentro como fóra da Comunidade”.

Con máis de cen colecciones, unhas 15 novas cada ano, explican que “o mercado esixe unha renovación continua, e as nosas pezas non son só simples xoias, senón complementos da moda, así que están en constante cambio e evolución”, e adiantan “unha futura colaboración moi interesante con xente de fóra”.

Mergúllache, descansa, rexenera.

“A colección coral convida á muller para viaxar ás profundidades da súa ser e rexenerarse conectando coa vitalidade que hai no seu interior. As súas formas mariñas lémbrannos a eses fortes e delicados seres que se deixan arrolar polas correntes resistindo as súas embates e provén de espazos onde a vida florece espectacularmente”.

TEXTO: Anaí Cao

FOTOS: Orfega/ Iria Martínez

 

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here