A cirurxiá Cristina Varela, especialista en Patoloxía Mamaria no Hospital HM Rosaleda, recoñece que lle gusta a moda, aínda que “non me entusiasma seguir as tendencias”, e declárase unha abanderada da moda sostible. “Gústame investir máis en pezas de calidade que perduren”, inclinándose por “cores neutras para mesturar con algo de cor ou estampados”, e sobre todo, “en accesorios, para completar os looks e darlles un toque de estilo”. En plena tempada de rebaixas, explica que ela aproveita a campaña para “adquirir artigos de fondo de armario, camisetas básicas, blasieres ou vestidos lenceros”. Estas son as súas compras estrela.

Descontos sobre descontos en cerca de catrocentas firmas de moda, accesorios, deportes, baño e lencería, con artigos para todos os orzamentos que responden ás novas necesidades e hábitos de consumo do cliente. Así é a campaña de rebaixas de El Corte Inglés, implantada nos centros comerciais de Vigo, A Coruña e Santiago.

Fotografías: Paula Amati // Texto: Xiana Alén // Vídeo: Sabela Freire // Estilismos: Serafín Rey e Carolina Barreiro // Perruquería: Women’s hair // Localización: El Corte Inglés Santiago