A coñecida blogueira Cuca Olveira lémbrase na súa infancia pedíndolles aos Reis Magos  que lle cambiasen a casa de bonecas por un aparcadoiro. “Encántanme os coches desde que son pequena e en canto cumprín os 18 anos saquei o carné de conducir. É unha das cousas que máis me gusta facer”. Por iso, non dubidou nin un só segundo en probar no concesionario Amiocar de Santiago o BMW X1 1.8d, no que deu unha volta acompañada por Moisés Blanco, un comercial da marca que aprendeu “a dicir coche antes que papá”, conta chanceando de copiloto, camiño de Bertamiráns, asegurando que o modelo no que van é “un dos máis populares e con máis éxito en vendas”.

“Gústame moitísimo probar coches, e aínda que prefiro o automático porque gozas máis da velocidade, co manual sentes o cambio de marchas e é tamén unha gran sensación”, di Cuca, “a típica persoa nas cuadrillas que sempre está disposta a levar o coche, así que conducín moitísimos modelos distintos, entre eles varios BMW, pero nunca un X1”. O resultado foi “de pedir que mo regalen sen molestarse en porlle lazo”, di rindo, explicando que “é de condución moi suave, e polo seu tamaño, é moi cómodo para moverte por cidade, pero cunha potencia bestial, o que transmite moita seguridade cando estás ao volante. Ademais, é un vehículo que responde moi ben, con reaccións inmediatas”.

“O feito de conducilo nun día chuvioso e con vento tamén fixo que comprobe que ten unha gran estabilidade. Fixo un tempo complicado e o coche foi xenial, completamente equilibrado e permitindo unha condución segura e firme cento por cento”.

“Tamén me gusta moito pola súa capacidade”, explica esta coruñesa con máis de 100.000 seguidores na súa conta de Instagram e que traballa como Fashion & Travel Blogger, creando estratexias e campañas de mercadotecnia desde 2013. “Que sexa amplo por dentro é moi importante para alguén como eu, que me movo moito e sempre vou cargada de bolsas e paquetes. O X1 ten un maleteiro moi amplo e cinco prazas cómodas, así que é perfecto. Vaia, que o único malo é non poder levarmo!”.

DATOS TÉCNICOS
BMW X1 1.8d

Entra no segmento dos populares SUVs. Conta cun motor 2.0 litros de catro cilindros diésel de 150cv e cambio automático de 8 relacións. Cun maleteiro cunha capacidade de 505 litros, 5 prazas e 4.40 metros de longo, a aceleración de 000-100 do coche é de 9.2 segundos e chega a unha velocidade máxima de 205km/h. O consumo urbano é de 5.2 litros, o extra urbano 3.9l, e o consumo mixto uns 4.1 litros por cada 100km. Como extras máis destacables, ten paquete Xline que inclúe un acabado máis deportivo e agresivo con llantas 18 polgadas, e detalles cromados, cambio automático deportivo con levas para cambiar de marcha no volante; portón con apertura fácil, dobre climatizador, pantalla de computador de abordo, control de cruceiro e iluminación con tecnoloxía led.

Fotografías por Iria Martínez


BMW Amiocar
C/. Rua de Malta 3. Polígono Costa Vella. Santiago. Abriu as súas portas en 1993 e está situado entre os 500 mellores concesionarios de España, vendendo en Galicia máis de 30.000 coches no último cuarto de século.

https://amiocar.concesionariobmw.es/es

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *