Xosé Ramón Gayoso e Ana Gayoso

Xosé Ramón Gayoso é un dos personaxes públicos máis coñecidos de Galicia. Asomou á pequena pantalla da TVG o mesmo día da súa inauguración, o 25 de xullo de 1985, e desde entón non deixou de presentar programas como Entre nós, Boa noite, Lúa nova, O veciño do xoves, Corazonada, Adiviña quen vén esta noite e Pensando en ti, aínda que o que máis fama lle deu foi Luar, co que leva en antena desde 1992. Premio Medalla Castelao 2017 en recoñecemento á súa traxectoria na difusión e posta en valor da cultura de Galicia, Xosé Ramón ten unha única filla, Ana, licenciada en Ciencias da Educación, maquilladora de televisión e estudante de Comunicación, autora do blog misscosasbonitas.

https://www.youtube.com/watch?v=ptZX7vrnEY0

A primeira trasnada de Ana

Lousa Gayoso: Sugus
Gayoso: A primeira é a dos papeis os Sugus. Ana comía os caramelos para durmir a sesta, sacaba o envoltorio, facía unha pelotiña e metíaa no nariz, e con outro caramelo facía o mesmo sen sacar o primeiro. Ata que un día houbo que acabar no hospital para sacarlle todas as boliñas. E ao día seguinte fixo o mesmo.
Lousa Ana: Romper unha nota da miña nai
Ana: Unha mañá porteime bastante mal e a miña nai deixou unha nota escrita dicindo que non me dese algo que quería de merenda porque non me portaba ben, así que eu collín a nota e rompina, e cando a viu meu pai díxenlle que rompera soa.

Ese momento de Gayoso que di: “Terra trágame”

Lousas Gayoso e Ana: Cando anunciamos en Luar a morte do Fary
Gayoso: Foi unha das situacións máis caóticas que nos pasaron por un cúmulo de circunstancias que se foron concatenando. Fixémonos eco da noticia dada nunha emisora de radio e dunha chamada dunha amiga da familia e, aínda que nos deu tempo a aclaralo en directo cando detectamos que era falsa, foi unha gran zocada.

A gran rabecha de Ana

Lousa Gayoso: Tenda de xoguetes
Lousa Ana: Pararte pola rúa a xente

Gayoso: Había unha tenda de xoguetes preto da casa e ela estaba sempre media hora xogando e fedellando, non había quen a sacase por moito que a estiveses chamando e insistíndolle.
Ana: Recordo que, cando era pequena, a xente paraba a meu pai continuamente pola rúa. Facíano con moito agarimo, pero a min poñíame de malhumor porque non o entendía. Era unha nena e só quería estar co meu pai.

A peza que máis viste Gayoso

Lousa Gayoso: Trenka
Lousa Ana: Camisas

Ana: O meu pai é sota, cabalo e rei. Puxen camisa, é o que mais pon. 
G.: Xa cho dixen, pon calzóns ou calcetíns (ri).

Primeiro disfrace de Ana nun festival.

Lousa Gayoso: Coello
Lousa Ana: Limón

O disfrace máis charramangueiro que puxo Gayoso.

Lousa Gayoso: Mudiño
Lousa Ana: Trump

Gayoso: Non me gusta nada, aínda que me disfracei moito, pero só no programa. Fóra de aí non me pillas. Acórdome dos simpáticos Popeye, Pitufo, Pedro Picapiedra… Charramangueiro? Non sei… é que todos me quedan ben (jajajaja). Tamén lembro unha broma que fixemos hai dous anos en Luar, que me puxeron pelo coma se fose un enxerto, e pedimos que ninguén fixese alusión a iso. Ardíame a cabeza ao acabar.

O alcume agarimoso que lle tedes a Ana na casa que máis lle molesta.

Lousas Gayoso e Ana: Ceboliña
Gayoso: É o que lle dicía cando era pequena. Ana e eu somos moi cariñosos e estamos todo o día dicíndonos canto nos queremos.

A primeira viaxe que fixestes xuntos.

Lousas: Nova York
G.: Desgraciadamente, tampouco tiñamos moitas oportunidades de facelo, pero déronlle un premio a Luar en Nova York e había que ir recollelo. Era unha invitación para dúas persoas da Casa de Galicia de Nova Xersei e Lola, a miña muller, non quixo ir porque lle parecían demasiadas horas de voo. Así que veu Ana comigo. Marchamos un par de días antes para gravar a viaxe e emitilo e foi unha experiencia inesquecible.

Preguntas cruzadas

Pregunta. Afección

Gayoso: A miña afección preferida é ler
Lousa Gayoso: Ler
Ana: Ler
Lousa: Ler

P: Cantante ou grupo.

Ana. Andrés Suárez
Gayoso: Alberto Cortez.

Pizarra Ana: Los Secretos.
Pizarra Gayoso: Fredi Leis.

A.: Vou poñer un grupo que escoitabamos moito no coche, porque a metade dos que che gustan a ti non os coñezo.
G.: Un dos que máis me entusiasmaron foi Alberto Cortez. Pero “A tu lado”, dos Secretos, é unha canción top. 
A.: Tamén me gusta, pero máis Andrés Suárez

https://www.youtube.com/watch?v=EcsmtvcVhVg

Comida preferida

G. Mariscos.
A. Pizza.
Pizarra G. Burger
Pizarra Ana. Chuletón

G.: A miña son os mariscos. Pero, a ver, o chuletón é mítico en Luar por esa lenda de que, ao acabar, o imos comer. Aínda que agora xa non o facemos porque acaba demasiado tarde.
A.: Eu podería vivir a base de pizza. Do meu pai estiven a piques de poñer que non hai nada que non lle guste

Película

Gayoso: Mary Poppins.
Ana: Mary Poppins.
Pizarras Gayoso y Ana: Mary Popppins.

O agasallo que máis ilusión vos fixo en Reis.

Gayoso: A Ana, o coche da Barbie
Ana: Creo que foi o can Golfo. Trouxéronnolo os Reis

¿Qué palabra define o outro?

Lousa Gayoso: Amor
“Non o amor romántico, senón o de sacrificio, de entrega aos demais, duro e esixente. Mesmo poderiamos dicir que é o produto do amor de dúas persoas que, á vez, se converte no noso amor. Sei que non son nada especial e que o inmenso amor que sinto pola miña filla téñeno o 95 % dos pais. Pero o gran motor do mundo é o amor”.
Lousa Ana: Bo
“Creo que é o que máis define o meu pai. É o amor da miña vida, e creo que é a persoa máis boa que coñezo”.

Fotografías: Sue Rainbow- Localización: Os mundos de Carlota

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here