Importa o destino, pero moito máis o que vives polo camiño. Polo menos, ese é o lema de Van Van Go, a coñecida empresa de alugamento de autocaravanas que abriu as súas portas en Galicia hai once anos con puntos de entrega na Coruña, Ferrol, Madrid e Santiago, “a praza líder”, que conta na actualidade coa frota de vehículos máis importante da zona noroeste.

E é que para os seus responsables “viaxar en autocaravana é unha experiencia diferente, pensada para quen lle dá máis importancia á viaxe que ao propio destino” e que se traduce en “ter un hotel con rodas e os cuartos coas mellores vistas. Evidentemente, non coas mesmas comodidades dun establecemento convencional, pero si con outras moitas vantaxes, como a liberdade de poder movelo e adaptalo ás túas necesidades e apetencias”.

A coñecida “blogera” Cuca Olveira disfrutando nunha caravana “Van Van Go

Modelos que van desde as 4 ás 7 prazas, con todo tipo de composicións e diferentes formatos, para parellas, grupos de amigos e familias, que son os principais clientes. Moitos deses clientes son de fóra de Galicia, que se recollen no aeroporto “para que percorran a comunidade autónoma en autocaravana”, e moitos outros son “de aquí e alúgana sobre todo para ir a Francia ou a Portugal”.

Importa o destiño pero moito máis o que vives polo camiño

 

https://www.youtube.com/watch?v=ZxztTj-q5pQ

Fotografías: Iria Martínez

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here