“O surf é liberdade. É ir ao mar e estar en consonancia con el e coa súa enerxía, gozar do medio e da natureza en estado puro. É unha das mellores formas que un pode ter para conectar coa súa propia forza e enerxía”.

“É estar na natureza. É liberdade, aventura, liberación. É paz. Coller ondas é liberarse do malo e encherse de positividade e de alegría”.

“O medio no que se practica é inigualable: praias salvaxes, cantís, glaciares, illas de palmeiras e todo tipo de fauna mariña. Unha praia con boas ondas pode ser o máis parecido ao paraíso. E viaxar na busca de ondas e atoparse nalgún lugar remoto, deserto e con ondada é moi excitante”.

“Es un estilo de vida apaixonante”

Fotos: Iria Martínez/ Susana Dorrego/ Iria González

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *