A cabo entre a labranza e o mar, a historia de Burela, a Burela Bonita, forma parte dun dos Camiños máis especiais que existen ata Compostela. É o Camiño do Mar, ese que ben pode homenaxear a todos os mariñeiros galegos que deixaban terra e familia atrás para ir en busca dun porvir.

O Camiño do Mar, cun percorrido de 140 kilómetros, é unha continuación do trazado costeiro do Camiño do Norte, o cal se desdobra en Ribadeo. Mentres un vai cara o interior, o outro bordea a costa da Mariña. Burela é un dos puntos de parada. Os que ata alí cheguen, ademais de contemplar a súa impresionante paisaxe costeira nocturna, poden achegarse ata Cabo Burela, no que o mar bate con forza no inverno.

Tamén poderán gozar da igrexa parroquial, da Casa Señorial do Vilar ou do monumento ás xentes do mar. Trátase dun grupo escultórico, situado na Praza do Mariñeiro, que foi inaugurado a finais da década dos oitenta para homenaxear unha das profesións de sustento na comarca.

E, por suposto, os que visiten a Burela Bonita, que non se esquezan de probar o bonito ou de ver un partido das rapazas do equipo de fútbol sala Burela Pescados Rubén: un orgullo para a vila, elixido recentemente mellor clube de fútbol sala feminino do mundo.