A praia de As Catedrais atrae a tantos turistas que este será xa o terceiro verán no que se necesitará unha autorización da Xunta para visitala. A súa fama converteuna no areal máis concorrido de Galicia e non para estender a toalla e tomar o sol senón simplemente para oír como baten as ondas mentres se camiña de forma pausada entre as grutas ( furnas), os pasadizos e os arcos, ( ollos) que as poderosas augas do mar Cantábrico e o vento han esculpido por erosión en rocas de lousa e esquistos que alcanzan os 32 metros de altura. Aínda que o seu auténtico nome é o de Augas Santas, é precisamente pola maxestosidade das formas que adquiriron os cantís que o areal foi rebautizado popularmente como As Catedrais, pois hai quen ve representada nesta arquitectura natural as bóvedas, os arcos e as galerías das catedrais góticas. Situada na parroquia da Devesa, en Ribadeo, en plena Mariña Luguesa, a praia está dotada con servizos como o de aparcadoiro ou aseos, ademais de contar con pasarelas de madeira e miradoiros. Tendo en conta, ademais, que nela ondea a bandeira azul desde o ano 1997, non é de estrañar que As Catedrais atópese entre as dez mellores praias de España, segundo as principais clasificacións elaboradas a partir das opinións dos usuarios, que non dubidan en cualificala de “fermoso agasallo da natureza”. O atractivo complétase coa presenza de gaivotas e pirlos sobre a area e percebes ou mexillóns nas rocas. Este ano, no mes de marzo, pechouse ao público durante uns días debido a que unha nova turista faleceu ao caerlle unha pedra mentres a visitaba.

Información sacada do ránking os 125 lugares máis belos de Galicia de El Correo Gallego

Please follow and like us:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *