O centro comercial compostelán é o espazo líder para compras e ocio de Santiago e os seus arredores.

En apenas sete anos, o centro comercial As Cancelas consolidouse como un referente das compras e o ocio en Galicia.

Con 50.000 m2 de superficie comercial e 2.300 prazas de aparcamento gratuítas, As Cancelas conta con un hipermercado Carrefour e unha completa variedade de tendas líderes en moda, complementos, equipamento deportivo, beleza, restauración e ocio, xa que alberga 8 salas de cine. O centro ofrece tamén parking gratuíto para bicicletas e motos, zona WIFI, taquillas, préstamo de cargadores para móbil e unha electrolineira, entre outros servizos.

Ademais, o centro comercial dispón dun espazo para o público infantil denomidado O Club de Celi, un mini club que aglutina actividades gratuítas para nenos e que acumula xa máis de 15.000 socios. Do mesmo modo, as familias que visiten o complexo poden gozar dunha acolledora sala de lactantes e novidosas funcionalidades como préstamo de carros, mochilas portabebés e pulseiras identificadoras para os máis pequenos.

Cunha excelente comunicación en autobús desde o centro de Santiago, As Cancelas abre de luns a domingo os 365 días do ano.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here