O concello de Sobrado dos Monxes recibe no seu territorio aos camiñantes que deciden emprender o Camiño do Norte. Representando o final da etapa 31, o itinerario xacobeo discorre polo municipio durante algo máis de quince quilómetros, sendo o primeiro punto da provincia da Coruña.

Para o descanso dos camiñantes, o espectacular Mosteiro de Sobrado, fundado no 952 polos Condes de Présaras, dispón dun albergue, no seu claustro. Con todo, unha vez na localidade, os visitantes poden desfrutar tamén da Lagoa de Sobrado, un dos humidais máis importantes da xeografía galega, tanto pola súa riqueza na súa flora como na súa avifauna; ou do Campamento Romano de A Ciadella.

Así, miles de peregrinos transitan esta ruta, na que quedan marabillados coa riqueza arquitectónica e paisaxística de Sobrado.