Pezas únicas e series limitadas nas que está moi presente o amor polas xemas naturais. Así é a xoiería de autor que crea a compostelá Katuxa Platero, pensada para “a muller actual, segura de si mesma, independente e cun gusto moi marcado polo deseño e as artes, á marxe da súa idade”. A súa nova
colección, Alta Mar, está inspirada no elemento mariño e realizada con perlas de formas caprichosas, coral de todas as cores, topacios azuis e madreperlas imitando estrelas, caracolas e cabaliños de mar. O resultado é “unha viaxe polo océano que case cheira a vacacións”, afirma a súa autora, quen tamén acaba de lanzar unha colección masculina de broches e xemelgos desenfadados que esta tendo unha gran
aceptación.

Formada na EASD Mestre Mateo, Katuxa Platero abriu a súa primeira tenda en 2006 para trasladarse posteriormente á rúa Bautizados da capital galega e sumarse hai un ano ao selo Galicia Calidade, “todo un recoñecemento a profesionalidade e o bo facer”, di,“porque é unha marca moi recoñecida a nivel internacional”, na que tamén figuran compañeiros como Ardentia, Fernando Galego Xoieiro Artesán, Fink Ourives, Orfega, Óscar Rodríguez Xoieiros e Unión Xoieira de Bergondo.

Katuxa explica que deseña todas as xoias “creando o meu propio universo, cunha visión da arte e da xoiería moi persoal” e que as súas pezas, que tamén fai por encargo, teñen “alma propia” e están pensadas para que “sexan o look e non o complemento, xa que destacan pola súa forza”, confesando que lle encanta “xogar coa gama cromática e o aspecto das xemas e arriscar coas combinacións”.

As suas pezas pueden verse estos días no Mercado La Galiciana.

Fotos: Iria Martínez

Texto Anaís Cao

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here