Nadal e gastronomía van da man. Segundo datos da plataforma en liña de receitas Cookidoo, o 24 de decembro é o día que máis se cociña en todo o ano a nivel mundial. Tamén en España, desde onde se conectan unhas 325.000 persoas buscando inspiración gastronómica para preparar os seus pratos, sendo as receitas do Nadal máis buscadas a Rosca de Reis, o chocolate, a emulsión de pataca con polbo e ameixas á mariñeira, e o sorbete de limón ao cava, perfecto para realizar a dixestión nas longas comidas destas datas. Aínda que o Nadal ten un sabor diferente para cada un de nós.
A RECEITA
Polo de curral guisado polo chef Pablo Vila
“É un prato que se fai na miña casa desde neno. Desde sempre o meu pai ponse á procura do polo perfecto días antes. Sempre de gran tamaño e de carne escura e firme; ten ese radar que proporciona a experiencia, que é imposible de adquirir doutra maneira”.
Ingredientes: Polo, sal, allo, perexil, aceite, fariña, verdura, viño branco, patacas, cebola, allo, tomiño e manteiga.
Elaboración: Sal, allo, perexil e aceite para a marinada do polo xa partido. Pásase por fariña e frítese ata crear unha capiña que o protexa durante o estofado. Verdura picada en anacos grandes e pochada. Viño branco para desglasar o pochado. Engadimos o polo e terminamos de cubrir co consomé. Baixamos o lume para deixar cociñar despaciño e imos comprobando o seu punto ata que estea zumarento. Para a guarnición asamos unhas patacas en cuarteiróns coa súa pel, cebola, allo e tomiño. Doutra banda asamos unhas mazás cun pouco de manteiga. Retiramos pel e sementes e chafamos. Servimos todo por separado e gozamos 🙂