A Fonsagrada, terra de contrastes

0

O museo fundado por un grupo de veciños, que en 1984 se constituíron en Padroado, da boa conta dos encantos deste municipio. Nel agóchase a vida tradicional das montañas da Fonsagrada, desde o seu pasado de mámoas ata a os seus oficios tradicionais. É un boa parada para descubrir as terras de A Pobra do Burón, capital da Fonsagrada ata 1835. Terra de contrastes polas fortes pendentes entre as zonas de val e as cotas altas, este é o concello máis alto de Galicia, e tamén o máis extenso, cunhas montañas que forman unha fronteira rochosa con Asturias. Da súa proximidade co Principado vén precisamente o nome da ruta xacobea que por aquí pasa: a ruta astur-galaica do interior, tamén chamada Camiño Real, vía de Alfonso II El Casto, ou Camiño Primitivo. Trátase dun trazado histórico moi marcado polos monarcas que no pasado a transitaron e defenderon, coma Alfonso IX de León. Pasa pola Fonsagrada, Guntín de Pallares, Friol, Palas de Rei, Toques, Melide, Arzúa e O Pino, para rematar en Compostela.