Con grande experiencia no rescate de cans e nas campañas educativas e de sensibilización, a Asociación Protectora de Animais do Camiño (Apaca), que fomenta a peregrinación con mascotas e a mellora de servizos, loita a diario para evitar o abandono e lograr que “a Ruta Xacobea sexa exemplo de convivencia entre veciños e animais”.

 

Unha boa proba diso será o Dog Fluencer Meeting, a concentración de cans peregrinos que terá lugar o vindeiro día 20 de abril na praza do Obradoiro, onde se darán cita varios membros da comunidade PeRRegrina. E é que, desde hai un ano, Apaca, ademais de ofrecer asesoramento, certifica coa entrega desta credencial, que equivale á Compostela Canina, que a mascota tamén realizou os últimos 100 quilómetros ata a capital galega.

Recomendacións para peregrinar con cans:
Hai que ser conscientes das limitacións do animal e preparalo fisicamente con camiñadas diarias, así como levar unha caixa de urxencias canina para evitar a deshidratación, protexer as súas almofadas con endurecedores ou calcetíns, secalos ben se chove e coidar especialmente a súa alimentación con produtos enerxéticos e proteicos. O principal é adaptar o ritmo e a ruta ás necesidades do can.

Aloxamentos
A través de Apaca, pódese obter unha listaxe de establecementos dogfriendly nos que se permite pernoitar con animais, listaxe que foi realizada a partir da información dos propios usuarios e usuarias.

Fotografías: Iria Martínez

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here